mércores, 29 de outubro de 2014


Violochelistas
Toca practicar ritmo
Proximamente o profe pasaranos o eses 6 minutos de mantra en Do

martes, 19 de novembro de 2013

Carta aberta de José Ramón, profesor de Vilonchelo, animandonos a asistir ao cursiño de Hanneke Cassel e Micke Block

Como xa sabedes o xoves 21 de novembro às 17:00 temos a oportunidade de asistir a un cursińo (workshop, masterclass) con Hanneke Cassel (fiddle) e Micke Block (violoncello)
Às 20:00 ofrecerán un concerto no auditorio de Cangas no que participaremos tocando con eles o tema que ensinaràn no cursińo.
Tamén estaredes o tanto de que a entrada o cursińo son 5€ e que con iso temos dereito a asistir ó concerto.
Nin que decir ten que a actividade é mui mui recomendable e que sería unha magoa que algún de vos non asistira. Por suposto que non é obrigatorio pero eu, como profesor e como músico, recomendo a asistencia. É unha oportunidade de cońecer e ter contacto con profesionais do máis alto nivel.
Supońo que principalmente xurdiràn dùas PREGUNTAS, a saber:
1.- Non teńo nivel dabondo pra ir a unha clase con eles.
2.- Teńo outra actividade, clase (linguaxe musical, armonía...) e vanme pońer unha falta sin xustificar.

Pois ben éstas son as RESPOSTAS:
1.- O cursińo està pensado pra TODO tipo de NIVEL instrumental. Dende o máis experimentado ata o máis novo. Cada quen terà un papel importante según as súas posibilidades. O máis importante é vivir a experiencia dunha clase con xente que, ademáis de facer música por todo o mundo son asiduos profesores en cursińos, obradoiros, congresos ou universidades.
2.- Esas actividades ou clases témolas todolos días ou tódalas semàns. O cursińo é algo excepcional. Eu encàrgome de falar con profesores, pais, ou con quen faga falta pra xustificar.

Dùas cousas máis:
1- O concerto é tan importante como o cursińo. É ahí onde podedes mirar e escoitar a eses profesionais que estiveron a ensinar antes. É ahí onde mostran e ofrecen o que màis lles gusta facer... facer música. Unha das principiáis razóns, supońo, pola que estades unha Escola de música ou nun conservatorio.
2- Toda canta publicidade podades darlle o concerto serà pouca, deberiamos encher o auditorio pra que esta non sexa a derradeira oportunidade de ter xente así entre nos.

Inscripción na Escola ou na páxina de galiciafiddle.com

Gracias!!!!
José

domingo, 17 de novembro de 2013

video da clase colectiva dos xoves


Compañeiros do Cello da clase dos xoves. Velahí tedes o video completo da última clase de JR.
Se clicades na foto de arriba veredelo. Agora toca velo, aprendelo e tocalo.
Saúde e moito cello.

Musica Viva No Morrazo: Clase maxistral e concerto. Para os pequerrechos d...

Musica Viva No Morrazo: Clase maxistral e concerto. Para os pequerrechos d...: ESTE XOVES, DIA 21 DE NOVEMBRO, OS INSTRUMENTISTAS DE CORDA PODERAN DISFRUTAR DUNHA CLASE MAXISTRAL E DUN CONCERTO, IMPARTIDOS POR : HA...